gas

gas

palabra inventada por J. B. Helmont sobre o lat chaos ‘caos’

Plural: gases
    1. s

      Estado da materia en que as moléculas que o compoñen están pouco ligadas.

    2. gas perfecto/ ideal

      Gas en que a interacción entre as súas moléculas é nula.

    3. gas real/imperfecto

      Gas que presenta un comportamento que se aparta do dos gases ideais.

  1. s m [FÍS ]

    Conxunto de partículas que se pode estudar mediante a aplicación das teorías da mecánica estatística.

    1. s

      Mestura combustible de gases que se emprega para a produción de calor ou para a iluminación.

    2. gas cidade

      Gas composto principalmente de hidróxeno e hidrocarburos que se obtén a partir do petróleo, e que se emprega como combustible doméstico.

    3. gas natural

      Mestura gasosa de hidrocarburos que se emprega na industria e nos fogares como fonte de enerxía.

  2. s m pl [FISIOL ]

    apores que se producen no estómago ou nos intestinos.

  3. gas asfixiante [QUÍM ]

    Gas que se emprega na guerra química, que afecta ás funcións do organismo.

  4. gas dos pantanos [QUÍM ]

    Gas combustible que ten como principal compoñente o metano.

  5. gas electrónico [ELECTRON ]

    Conxunto de electróns libres en movemento no interior dun recinto baleiro ou con gas, dun condutor ou dun semicondutor.

  6. gas grisú [QUÍM ]

    grisú.

  7. gas interestelar [ASTRON ]

    Forma en que se presenta a maior parte da materia interestelar.

  8. gas lacrimóxeno [QUÍM ]

    Gas que actúa selectivamente sobre as terminacións nerviosas da córnea e da conxuntiva, que provoca dor e abundante secreción de bágoas.

  9. gas nobre/inerte/raro [QUÍM ]

    Elemento químicamente inactivo que pertence ao grupo 0 da táboa periódica e que se caracteriza por presentar pouca reactividade.

  10. pós de gas [QUÍM ]

    cloruro de calcio.