gamma

gamma

gr γάμμα

Plural: gammas
  1. distribución gamma [MAT ]

    Lei de probabilidade da variable continua x, que ten como función de densidade f(x)=e -x x k-1 /Γ(k), onde 0<x<∞ e k>0.

  2. s m
    1. [LING ]

      Nome da terceira letra do alfabeto grego <γ >, en minúscula, e <Γ>, en maiúscula. Como signo numérico equivale a 3 (γ’) ou ben a 3.000 (,γ).

    2. [ASTRON ]

      Símbolo que se emprega para designar a terceira estrela máis brillante dunha constelación.

    3. [MAT ]

      Símbolo que se emprega para designar un ángulo.

    4. [METROL ]

      Unidade de masa que se emprena na medida de masas de vitaminas que equivale a 0,001 mg.

    5. [QUÍM ]

      Símbolo que se utiliza como prefixo co que se designa, no naftaleno, a posición 3 ou, en xeral, a posición seguinte á beta na nomenclatura orgánica non sistemática.

  3. función gamma [MAT ]

    Función definida pola fórmula Γ(x)=∫ 0∞t (x-1) e -t dt, onde, se se considera Γ real, x ten que ser real e maior que cero.

  4. raio gamma [FÍS ]

    Radiación electromagnética que se emite na desexcitación de determinados núcleos radioactivos. Os fotóns que a constitúen son dunha frecuencia superior á dos raios X.