galiña
lat gallīna
-
-
s
Ave, da familia dos fasiánidos, que se caracteriza por ter unha cabeza pequena, bico robusto e curto, unha crista carnosa e ás pequenas. A cor da plumaxe varía entre o branco, gris, amarelo, azul, vermello, castaño e negro. Críanse como animal doméstico para aproveitar a súa carne e os seus ovos, e son a especie animal que achega máis proteínas na dieta humana.
-
galiña de Guinea/pintada [Numida meleagris]
Paxaro, da familia dos numídidos, da orde dos galiformes. Presenta a cabeza e o pescozo sen plumas. As plumas do corpo son de cor negra con manchas brancas.
-
galiña de Mos
Galiña doméstica galega en perigo de extinción. Presenta formas arredondadas, peito amplo e grande abundancia de masa muscular en todo o corpo. Utilízase na produción dos afamados capóns de Vilalba.
-
galiña de río [Gallinula choropus]
Ave acuática da familia dos rálidos, escura, coa parte inferior da cola branca, peteiro vermello coa punta amarela, patas e dedos longos e verdosos. No seu desprazamento na auga chama a atención o abaneo de cola e cabeza.
-
s
-
s
col
Persoa que ten unha actitude covarde.
Citas
- Non lle dixo a verdade porque é un galiña
Refráns
- A galiña que non pon, non lle enche ao seu dono o bulsón.
- Cada día a galiña amarga a cociña.
- Cando a galiña pica ao galo ¡malo, malo, malo!
- Cando ten máis plumas a galiña, é cando ten o galo enriba.
- Galiña que cacarexa, algo venta ou ovo pon.
- Galiña que canta coma un capón, na túa casa; na miña, non.
- Galiña que na casa fica, sempre pica.
- Galiña que non pon, comela é o mellor. •
- Galiña que non pon, comela ou, mellor, vendela.
- Galiña que non quere galo, pon o ovo sen galealo.
- Na casa varrida non pica a galiña.
- Non pon a galiña polo galo senón polo papo.
- Pola santa Mariña deita a galiña.
- Pola vendima vende as túas galiñas, polo Nadal vólveas mercar.
- Primeiro a galiña cá sardiña.
- Viva a galiña coa súa pebida.