gálibo
gálibo
ár hispánico qálib ár clásico qālib gr καλόπους ‘molde’
-
s
m
[TRANSP ]
Perfil exterior máximo que se pode dar ao contorno do vehículo para que poida pasar polos túneles e por outras instalacións fixas da vía.
-
s
m
[TRANSP ]
Arco en forma de U invertido ou outro dispositivo que marca o gálibo para atravesar un túnel ou unha ponte.
-
s
m
[MAR ]
Molde que empregan os carpinteiros de ribeira para contornear pezas dunha embarcación.