galeón

galeón

aumentativo galea

Plural: galeóns
  1. s m [MAR ]

    Buque de carga ou de guerra, propio dos ss XV, XVI e XVII, ao que se lle atribúe unha orixe hispánica. Arboraba tres ou catro paus con velas xeralmente cadradas, aínda que tamén tiña algunhas latinas.

  2. s m [MAR ]

    Embarcación de cabotaxe, construída en Galicia, duns 13 m de eslora e dunhas 15-20 t, que se empregou especialmente nas Rías Baixas desde comezos do s XX ata a década de 1960.