gaivota
lat gavĭa
- 
        
                    s                  
  
        
                    f                  
  
  
  
            
                    Ave mariña, da familia dos láridos. Xeralmente de tons cincentos no dorso e brancos no ventre nos adultos, nos máis novos e inmaduros a plumaxe é habitualmente parda. Son especies de hábitos costeiros. 
- 
  
  
        
                    gaivota biquistreita                  
  
  
                [ANIMAL/ORNIT              ]
          
                    Ave similar á gaivota chorona, con bico longo e estreito. Non presenta a cabeza negra no verán. 
- 
  
  
        
                    gaivota cabecinegra                  
  
  
                [ANIMAL/ORNIT              ]
          
                    Ave que presenta cola e puntas das ás brancas, cabeza negra no verán, e cun antiface negro no inverno, peteiro e patas encarnadas. 
- 
  
  
        
                    gaivota chorona                  
  
  
                [ANIMAL/ORNIT              ]
          
                    Ave co bordo exterior das ás branco, patas e peteiro vermellos, cabeza marrón no verán e branca con dúas manchas escuras no inverno. 
- 
  
  
        
                    gaivota escura                  
  
  
                [ANIMAL/ORNIT              ]
          
                    Gaivota, con dorso e ás escuras, cabeza e cola brancas, e patas rosas. 
- 
  
  
        
                    gaivota papoia                  
  
  
                [ANIMAL/ORNIT              ]
          
                    Ave que ten a punta das ás negras cunha mouta branca no bordo das ás, cola e partes inferiores brancas. Peteiro amarelo e patas verdosas. 
- 
  
  
        
                    gaivota patiamarela                  
  
  
                [ANIMAL/ORNIT              ]
          
                    Gaivota, co corpo robusto, ás gris claro, coas puntas negras, cabeza e cola brancas, patas amarelas, e peteiro amarelo cunha mouta vermella na punta. 
- 
  
  
        
                    gaivota pequena                  
  
  
                [ANIMAL/ORNIT              ]
          
                    Ave que posúe ás cunha franxa estreita branca no bordo, mancha auricular negra e parte superior da cabeza e do pescozo escuros, negros no verán, peteiro negro e patas rosas. 
- 
  
  
        
                    gaivota tridáctila                  
  
  
                [ANIMAL/ORNIT              ]
          
                    Ave cunha franxa negra desde o extremo das ás, que son brancas ao igual que a cola que é lixeiramente gallada e que ten unha franxa negra no extremo. Peteiro fino amarelo e patas negras. 
Refráns
- Cando a gaivota anda á gravisela, mal para nós e fame para ela.
