gagauz -za

gagauz -za
Plural: gagauces Masculino: gagauz Masculino plural: gagauces Feminino: gagauza Feminino plural: gagauzas
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo gagauz.

  2. s [ETN ]

    Individuo do pobo gagauz.

  3. s m pl [ETN ]

    Pobo de orixe turca que se estableceu no N do mar Caspio e no mar Negro, entre o Volga e o Danubio cara ao s XI. No s XIII formaron un estado independente sometido ao emperador bizantino e no s XV pasaron a formar parte do Imperio Otomán. As súas comunidades esténdense por Moldavia, Ucraína, Bulgaria e Romanía. Dedícanse á agricultura e á gandaría.

  4. s m [LING ]

    Lingua altaica que fala o pobo gagauz, que emprega unha variante do alfabeto cirílico na escrita.

Palabras veciñas

gafume gafura gag* gagauz -za gago -ga gaguexar gahnita