gadiforme

gadiforme

lat científico Gadus

Plural: gadiformes
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos gadiformes.

  2. s m [ANIMAL/ICT ]

    Peixe da orde dos gadiformes.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT ]

    Orde de peixes actinopterixios de corpo alongado, escamas cicloides e aletas de raios brandos. Inclúe sobre todo formas de augas profundas, de alta mar e de hábitos depredadores, cunha grande importancia económica, entre as que destacan o bacallau e a pescada.