funicular

funicular

lat funicŭlu ‘corda’

Plural: funiculares
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao funículo.

    1. adx

      Que funciona mediante unha corda, cable ou cadea.

    2. s

      Ferocarril apto para remontar fortes pendentes que recibe a tracción mediante un cable accionado por unha máquina fixa.

    3. funicular aéreo

      telecabina.

  2. adx

    Aplícase a un tipo de torques e braceiras castrexas que presenta unha decoración en forma de corda ou arame enrolados.