fundición

fundición

fundir

Plural: fundicións
  1. s f

    Acción de fundir.

  2. s f [IND ]

    Industria ou establecemento onde se realiza a fundición de metais e aliaxes e se fai a coada dentro de moldes axeitados.

  3. s f
    1. [ARTE ]

      Técnica que se emprega en escultura e en ourivaría para a obtención de pezas metálicas, que poden ser macizas ou ocas.

    2. [IND ]

      Produto siderúrxico, non forxable, cun contido de C que pode variar entre o 1,9% e o 6,6%, con pequenas cantidades de Si e Mn e impurezas como P e S.

    3. [IND ]

      Procedemento para conformar metais a través da modelaxe do metal fundido, que se utiliza na fabricación de pezas de diversos metais.