fugacidade

fugacidade

lat fugacĭtāte

Plural: fugacidades
  1. s f

    Calidade de fugaz.

  2. s f [QUÍM ]

    Función termodinámica que substitúe a presión parcial nas ecuacións que tratan de describir o comportamento dos gases reais.

Refráns

  • As alegrías do Entroido rematan na Coresma.
  • Detrás dunha folla vén outra.
  • Hoxe moita figura, mañá na sepultura.
  • Hoxe na vida, mañá na mortalla: ¡vállache Xuneras para quen un traballa!
  • Non hai día que non chegue nin prazo que non se acabe.
  • Non hai gozo cumprido, que, así que está logrado, xa está fuxido.
  • O mundo é unha escada que uns soben e outros baixan.
  • Pasou o santo, pasou a romaría.
  • San Miguel das uvas, tarde nos vés e pouco nos duras.
  • Todo chega e todo pasa, anque un non saia da casa.
  • ¡San Migueliño das uvas maduras, moito me tardas e pouco. me duras!
  • ¡San Migueliño das uvas maduras, que tarde nos vés e que pouco nos duras!
  • ¡Se dúas veces ao ano viñeras, moIto ben nos deras e moitos favores tamén nos fixeras!

Palabras veciñas

fueiro fuel fuga fugacidade fugado -da fugaz fuíña