frouxo -xa
frouxo -xa
lat fluxu
-
adx
Que está pouco apertado e non está tenso ou axustado.
-
adx
Que ten pouca forza física ou moral.
-
adx
Que ten pouca intensidade.
-
adx
Que non chega ao nivel de calidade ou de rendemento que se espera.
Sinónimos
Citas
- É tan frouxo que se pon a chorar por calquera cousa
- É un home moi frouxo e non pode facer moitos esforzos físicos
- Este ano o licor é moi frouxo, O vento era tan frouxo que non puideron despregar as velas
- Fixo un traballo moi frouxo
- O pantalón quédalle frouxo, Deixou frouxos os parafusos da roda