frisón, frisoa

frisón, frisoa
  1. adx

    Relativo ou pertencente a Frisia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

  2. s

    Natural ou habitante de Frisia.

  3. s m pl [ETN/HIST ]

    Pobo de orixe xermánica instalado desde a Antigüidade nas costas do mar do Norte, entre a boca do Rin e a península de Xutlandia.

  4. s m [LING ]

    Lingua xermánica que se divide nas variedades frisón occidental, falado no N dos Países Baixos, frisón oriental, que se fala en certos redutos do antigo Oldenburg, e frisón setentrional, na illa de Helgoland, na costa de Slesvig ao N de Husum e nas illas da mesma costa ata Sylt.

Formas incorrectas

frisona

Palabras veciñas

frisar frisio -sia friso frisón, frisoa frita fritada fritideira