frío -a
frío -a
lat frigĭdu
-
adx
-
Que ten unha temperatura inferior á ordinaria do ambiente ou do corpo humano.
-
Que presenta un clima de baixas temperaturas.
-
[CLIMAT ]
Aplícase ao clima en que a temperatura media do mes máis cálido é inferior aos 10°C.
-
-
adx
-
Que é pouco afectuoso.
-
Que se mostra indiferente a estímulos e sensacións.
-
Que é propio da persoa fría.
-
Que é impersoal ou carece de expresividade.
-
-
adx
[PINT ]
Aplícase aos tons de cor que van do verde, pasando polos azuis, ata o violeta.
-
s
m
-
Temperatura atmosférica baixa.
-
Sensación de perda de calor producida por un ambiente ou corpo frío ou por causas psíquicas ou fisiolóxicas.
-
Antónimos
Citas
- Aquí no inverno vai moito frío
- Como estou con gripe levo todo o día con frío
- É tan fría que resulta imposible saber o que sente
- Era unha casa fría e funcional, As cancións do seu segundo disco son máis frías cás do primeiro
- Escribiulle unha carta fría e impersoal
- Este leite está demasiado frío
- Foi unha nai fría que nunca aloumiñou os fillos
- No inverno cambio as sábanas porque estas son máis frías
- Nos países fríos soportan ben as baixas temperaturas
- Sempre ten os pés fríos, Gústame sentir o vento frío na cara
Frases feitas
-
2 Sen quentar, especialmente alimentos.
Refráns
- Ano da serra, non o traia Deus á terra.
- Ata o corenta de maio non quites o saio.
- Beber frío e xantar quente.
- Cada cal sente frío segundo trae o vestido.
- Frío coral, un mes antes; o outro, despois do Nadat.
- O frío de abril mata o porco no seu cubil.
- Para o pan engraiar ha de o boi tremar/o boi ha tremar.
- Quente, a comida; fría, a bebida.