fresco -ca
xerm *frĭsk ‘novo, áxil’
-
adx
Que está moderadamente frío.
-
adx
-
Aplícase á cousa que dá sensación de frescura.
-
Aplícase ao tecido delgado e de pouco abrigo.
-
-
adx
-
Que se obtivo ou produciu recentemente.
-
Que ten pouco tempo e conserva por tanto as súas calidades.
-
Que non foi sometido a procesos de conxelación, conservación ou outro tipo de manipulación culinaria.
-
-
adx
Que non está seco de todo porque hai pouco tempo que se realizou.
-
adx
Que non ten ou non manifesta cansazo ou fatiga.
-
adx
Que actúa con descaro e sen miramentos. Tm s, referido a persoa.
-
s
m
Frío moderado.
-
-
s
Técnica pictórica mural que consiste en pintar, sobre unha preparación composta dunha revocadura de cal e area, empregando cores diluídas con auga que se fixan mentres o lucido se mantén húmido.
-
fresco seco
Técnica pictórica mural en que as cores se aplican sobre un lucido seco.
-
s
Citas
- A placa de cemento estaba fresca e non se podía tocar
- As pegadas na lama aínda estaban frescas, Veu moi contenta porque traía diñeiro fresco, Quedamos para falar hoxe porque ten noticias frescas
- É un fresco, sempre fai o que lle apetece sen pensar en que pode molestar
- Estes días traio chaqueta porque vai fresco
- Gústame a cervexa fresca pero non tan fría coma esta
- O médico aconselloulle comer moitas verduras frescas
- O peixe fresco ten as galas vermellas e os ollos brillantes
- Tiña unha cara fresca sen engurras
- Tiña unha viña fresca e coidada
- Traballa todo o día e á noite está tan fresca
- Usa colonias frescas
Frases feitas
-
2 Que est
-
En fresco. No mesmo momento, sen deixar pasar tempo.
-
Quedar un tan fresco. Non se inmutar.
-
Tomar o fresco. Gozar do aire libre.