franco -ca

franco -ca
Plural: francos Masculino: franco Masculino plural: francos Feminino: franca Feminino plural: francas
    1. adx

      Relativo ou pertencente aos francos.

    2. s

      Individuo do pobo xermánico dos francos.

    3. s

      Pobo xermánico constituído pola agrupación de diversas poboacións do Rin inferior, camavios, brúcteos, ampsivarios, catos e sicambrios, que penetraron dun xeito pacífico e gradual na Galia.

  1. adx

    Aplícase ao nome con que os gregos designaban os croatas e expedicionarios latinos a Grecia e ao Oriente. Tm s.

    1. adx

      Que está exento de cargas ou do pagamento de taxas ou impostos.

    2. porto franco

      Porto en que se poden descargar e almacenarse as mercadorías sen pagar impostos e dereitos de aduanas.

    3. zona franca

      Área dedicada á actividade industrial ou comercial que se beneficia de certas exencións de impostos e dereitos de aduanas.

  2. adx

    Que non ten obstáculos e permite o paso libremente.

  3. adx

    Que é sincero e expresa abertamente o que sente ou pensa.

  4. adx

    Que se presenta de forma clara e patente e non ofrece dúbida.

  5. piso franco

    Piso usado de forma clandestina para actividades ilegais, xeralmente polos membros dunha banda terrorista.