alter ego*

alter ego*
  1. Expresión que significa ‘outro eu’ e se emprega para designar unha persoa moi identificada coas opinións e empresas doutra.

  2. [LIT ]

    Personaxe moi próximo ao autobiográfico, aínda que de xeito non recoñecido explicitamente polo autor.

Sinónimos

Citas

  • Adrián Solovio, protagonista de Arredor de si, é o alter ego de Otero Pedrayo e de toda a Xeración Nós
  • É o seu alter ego no traballo, de aí a súa confianza plena

Palabras veciñas

altar altasebes altea alter ego* alterábel alterabilidade alterable