foto

foto

apócope de fotografía

Plural: fotos
  1. s f

    Reprodución dunha imaxe mediante o procedemento da fotografía.

  2. foto finish [DEP/IMAX ]

    Fotografía que se fai nas carreiras de atletismo, ciclistas ou de cabalos cando chegan os participantes á meta e que serve para determinar con exactitude a orde de chegada.

  3. foto fixa [IMAX ]

    Imaxe que se obtén durante a rodaxe dunha película cinematográfica que, posteriormente, servirá para a súa publicidade.

Palabras veciñas

fósxeno fot fótico -ca foto foto- foto- fotoaxustador