fórmula

fórmula

lat formŭla

Plural: fórmulas
  1. [BOT ]

                p (p-a) (p-b) (p-c)

    Ex: As fórmulas tradicionais xa non están de moda, É mellor que utilices unha fórmula de despedida máis respectuosa Ex: O mago dixo unha fórmula máxica para desenfeitizala Ex: Non hai unha fórmula para poder acabar coa fame Ex: Ninguén coñece a fórmula dese refresco de cola Ex: Esa é a fórmula para calcular a área do rectángulo

  2. s f

    Forma establecida ou convencional para expresar ou realizar algo.

    1. s

      Forma establecida ou usual para redactar un documento.

    2. fórmula notarial

      Esquema empregado polos notarios como base de redacción dun documento.

  3. s f

    Forma ou medio de solucionar un problema.

    1. s

      Relación ou lista dos compoñentes de algo.

    2. s [MED ]

      Prescrición que lle fai o médico ao enfermo sobre os medicamentos que debe tomar e a forma de administralos.

    3. fórmula farmacéutica [MED ]

      Fórmula dun medicamento que comprende produtos activos e excipientes e que debe seguirse na preparación do medicamento para proporcionarlle a composición adecuada.

    4. fórmula maxistral [MED ]

      Composición medicamentosa, establecida polo médico, onde as distintas doses están establecidas na receita.

    5. fórmula oficinal [MED ]

      Preparado farmacéutico que resulta da mestura de diferentes substancias medicinais que teñen unha composición fixada pola farmacopea.

  4. s f
    1. Expresión que resume de xeito preciso unha lei ou un feito científico mediante signos.

    2. [MAT/FÍS ]

      Expresión dunha relación que se establece entre diferentes cantidades e magnitudes mediante símbolos.

    3. [QUÍM ]

      Expresión gráfica que amosa a constitución e estrutura dunha especie química.

  5. s f [DEP ]

    Regulamentación técnica que a Federación Internacional do Automóbil estableceu para as carreiras en circuítos de velocidade.

  6. fórmula citolóxica [BIOL ]

    Proporción respectiva dos distintos elementos celulares que aparecen contidos nun líquido orgánico normal ou patolóxico.

  7. fórmula de Herón [MAT ]

    Fórmula para calcular a área dun triángulo a partir, unicamente, dos seus lados a, b, c.

  8. fórmula floral

    Conxunto de iniciais, cifras e signos que indican esquematicamente a estrutura básica dunha flor.

  9. fórmula leucocitaria

    Proporción e número respectivo dos diversos tipos de glóbulos brancos do sangue.

Citas

  • As fórmulas tradicionais xa non están de moda, É mellor que utilices unha fórmula de despedida máis respectuosa
  • Esa é a fórmula para calcular a área do rectángulo
  • Ninguén coñece a fórmula dese refresco de cola
  • Non hai unha fórmula para poder acabar coa fame
  • O mago dixo unha fórmula máxica para desenfeitizala