formalismo

formalismo

formal

Plural: formalismos
  1. s m

    Coidado excesivo da forma, das normas e das convencións sociais.

    1. s

      Sistema filosófico que se caracteriza pola importancia que se lle dá ás estruturas xerais dun obxecto, dunha ciencia ou dunha disciplina.

    2. formalismo kantiano

      Sistema metafísico que explica a intelixibilidade da natureza pola forma ou leis do pensamento.

  2. s m [LING ]

    Corrente lingüística herdeira do estruturalismo que concibe a lingua como unha forma pura. O seu máximo representante foi L. Hjelmslev.

  3. s m [LIT ]

    Tendencia literaria desenvolvida pola escola de formalistas rusos que propugna que os contidos das imaxes poéticas se basean nos principios sintácticos, morfolóxicos, rítmicos e métricos que configuran a totalidade do texto poético.

  4. s m [ESPECT ]

    Tendencia creativa teatral en que os significantes se sitúan nun primeiro plano, mentres os significados, ou a mensaxe, perden importancia e interese.

  5. s m [MAT ]

    Doutrina que propugna que a ciencia matemática só é un xogo formal con símbolos e regras. A construción dun sistema formal resulta de obter, a partir duns axiomas iniciais, dos que pode non existir ningunha realización concreta, un conxunto consistente de teoremas.

  6. s m [ARTE ]

    Predominio dos contidos técnicos ou formais sobre os contidos expresivos ou poéticos nunha obra de arte.

Citas

  • Non soporto tanto formalismo na mesa