fonte

fonte

lat fŏnte

Plural: fontes
  1. s f

    Lugar por onde sae ao exterior a auga que está baixo terra.

  2. s f [CONSTR/ARTE ]

    Construción formada por un muro de pedra onde vai metido un cano.

  3. s f

    Causa ou orixe dunha cousa.

    1. s

      Lugar, medio ou persoa que proporciona certa información ou inspiración.

    2. s [BIBLIOT ]

      Documento de información orixinal e fiable ao que se recorre para saber algo sobre calquera tema.

    3. fonte documental BIBLIOT [BIBLIOT ]

      Entidade ou organismo que despois de elaborar a información facilita a súa consulta a través dun banco de datos.

  4. s f

    Prato grande que se emprega para servir a comida.

  5. s f [PAT ]

    úlcera varicosa.

    1. s

      Elemento, corpo, dispositivo ou sistema que transmite algún tipo de partículas ou de enerxía.

    2. s

      Electrodo dun transistor de efecto de campo.

    3. fonte de corrente

      Dispositivo capaz de proporcionar unha corrente independente da tensión entre os seus terminais, se é unha fonte ideal de corrente, ou aproximadamente independente, se é unha fonte real de corrente.

    4. fonte de tensión

      Dispositivo capaz de abastecer entre os seus terminais unha tensión independente da corrente que o atravesa, se é unha fonte ideal de tensión, ou aproximadamente independente, se é unha fonte real de tensión.

Sinónimos

Confrontacións

bandexa

Citas

  • A fonte do problema é que non ten cartos
  • A vaixela trae tres fontes grandes e dúas pequenas
  • O sol é fonte de luz e calor
  • Para levar a cabo a investigación consultou numerosas fontes, A fonte do policía era un veciño do asasino
  • Puxéronnos dúas fontes de centolos e unha de bois

Frases feitas

  • Abrir/Deitar as fontes. Aumentar un manancial o seu caudal.