folosa

folosa
Plural: folosas
  1. s f [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave insectívora dos xéneros Acrocephalus, Hippolais e Locustella, da familia dos sílvidos, de plumaxes semellantes nos dous sexos e de cores máis ou menos uniformes e crípticas, que emiten cantos moi ricos e complexos en alta frecuencia.

  2. folosa amarela [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave migratoria coas partes superiores de cor verde olivácea e as inferiores amarelas. Na cabeza presenta unha lista supraocular de cor amarela.

  3. folosa das xunqueiras [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave migratoria coas partes superiores de cor castaña, riscada de negro e coas partes inferiores brancas amareladas. Na cabeza conta cunha lista supraocular branca enmarcada de negro.

  4. folosa dos carrizos [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave coas partes superiores de cor castaña olivácea e as inferiores brancas.

  5. folosa encapuchada [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave coas partes superiores de cor castaña arrubiada, riscada de negro e coas partes inferiores brancas amareladas. A parte superior da cabeza é de cor castaña escura e conta cunha lista supraocular branca.

  6. folosa grande [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave migratoria coas partes superiores de cor castaña escura e inferiores brancas arrubiadas.

  7. folosa pálida [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave migratoria que presenta as partes superiores de cor castaña cinsenta, as inferiores brancas cremosas e o papo branco.

  8. folosa pintada [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave coas partes superiores de cor castaña listadas de negro de xeito lonxitudinal e as inferiores amareladas.

  9. folosa unicolor [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave migratoria transahariana que presenta as partes superiores de cor castaña arrubiada, as inferiores brancas cremosas e a gorxa e  o papo brancos.