folgado -da

folgado -da

folgar

Plural: folgados Masculino: folgado Masculino plural: folgados Feminino: folgada Feminino plural: folgadas
  1. p reg

    folgar.

  2. adx

    Que é moi amplo para o que contén.

  3. adx

    Que dispón de máis espazo do que sería necesario.

  4. adx

    Que non ten problemas económicos.

  5. adx

    Que non fai nada ou non ten moito traballo.

  6. adx

    Aplícase ao terreo de labor que está en folga.

  7. adx

    Aplícase á tarefa ou actividade que non necesita moito esforzo.

Citas

  • Adelgazou tanto que lle queda toda a roupa folgada
  • Anque eramos moitos íamos folgados no coche
  • Aquel era un traballo folgado e non necesitaba axuda
  • Dende que lle tocou a lotería está folgado de cartos
  • Hoxe estou folgado mándame facer algo
  • Non corrades tanto porque ides folgados de tempo, Foron folgados de comida para facer a viaxe

Palabras veciñas

folerpar folga folgada folgado -da folganza folgar folgazán -na