foco

foco
Plural: focos
  1. s m

    Punto onde nace ou procede algo e desde o que se expande a diversos puntos.

  2. s m

    Punto que é centro de atención ou dunha actividade.

  3. s m
    1. Obxecto que contén unha ou máis lámpadas de gran potencia e que concentra moita intensidade de luz sobre un lugar concreto.

    2. Aparato ou lámpada eléctrica a pilas da que parte un feixe de raios luminosos.

    1. s

      Punto onde converxen os raios dun feixe de radiacións.

    2. foco imaxe

      Punto onde converxen os raios de luz que incidiron sobre o sistema de maneira paralela ao eixe óptico.

    3. foco obxecto

      Punto onde converxen os raios de luz que, despois de atravesar o sistema, son paralelos ao eixe óptico.

  4. s m [MAT ]

    Punto que presenta unha distancia a calquera dos puntos dunha curva que se pode expresar como función racional das coordenadas do punto.

  5. s m [ESPECT ]

    Aparato que consiste nunha carcasa metálica, redonda ou rectangular, na que se instala unha lente e un espello reflector, e que conta cunha abertura nun dos seus extremos, pola que sae a luz.

  6. foco infeccioso [PAT ]

    Localización, en calquera parte do organismo, onde se forman colonias de microbios que determinan trastornos tóxicos.

  7. foco sísmico [XEOL ]

    hipocentro.