fluoresceína

fluoresceína

fluorescencia + -ina

Nome científico: C<sub> 20</sub> H<sub> 12</sub> O<sub> 5</sub> Plural: fluoresceínas
s f [QUÍM ]

Po vermello que dá unha solución de cor avermellada que, por dilución, produce unha fluorescencia verde intensa. É un indicador de adsorción que se emprega para a valoración de cloruros con nitrato de prata.