flúor
flúor
lat fluōre ‘fluxo’
s
m
[QUÍM ]
Elemento químico pertencente ao grupo VII da táboa periódica, de número atómico 9 e masa atómica 18,998. É un gas tóxico e corrosivo, que xeralmente non se localiza nunca libre, pola súa gran capacidade de reacción, e que se combina directamente con todos os elementos, agás o osíxeno e o nitróxeno. Emprégase na profilaxe da carie dental e na fabricación de fluorocarburos.