floculación

floculación

flocular

Plural: floculacións
  1. s f [QUÍM ]

    Formación de agregados compactos nunha disolución coloidal por fenómenos de natureza eléctrica, evaporación ou arrefriamento.

    1. s

      Tratamento ao que se someten os sólidos disgregados, dispersos no seo dun fluído para formar agregados de partículas que fan posible a separación do sólido por sedimentación ou por filtración.

    2. axente de floculación

      Substancia tensoactiva ou electrólito que se emprega para producir a floculación.

  2. reacción de floculación
    1. Aparición dun enturbamento nunha solución coloidal dosificada, á que se lle engade unha cantidade determinada dun soro cun exceso de gammaglobulinas, que se utiliza para diagnosticarcertos estados patolóxicos do fígado que ocasionan un aumento nas gammaglobulinas.

    2. Tipo de reacción inmunolóxica de precipitación que producen algúns antisoros, fundamentalmente os que se preparan con toxinas diftéricas e estreptocócicas.

Palabras veciñas

flirtear flocadura floco floculación floculante flocular flóculo