fidelidade

fidelidade

lat fidelĭtāte

Plural: fidelidades
  1. s f

    Calidade de fiel.

  2. s f [TECNOL ]

    Característica dun aparato electrónico relativa á súa capacidade de reproducir diferentes sinais sen introducir ningunha distorsión.

  3. s f [MAT ]

    Calidade das estimacións estatísticas segundo sexa máis ou menos grande o acordo entre os valores obtidos ao longo dun conxunto de experiencias feitas en condicións determinadas, e que se expresa mediante o erro tipo.

  4. s f
    1. Grao de preferencia dun taxon por unha comunidade vexetal determinada.

    2. Presenza exclusiva dun taxon nunha comunidade vexetal.

  5. xuramento de fidelidade [HIST ]

    Xuramento relixioso que o vasalo lle facía ao señor.

Citas

  • A fidelidade do retrato fai que un crea que é unha fotografía, A fidelidade aos seus amigos mostrábaa con cada acción realizada

Refráns

  • -Fillos, das túas bragas; bois, das túas vacas.
  • A máis non poder, déitate coa túa muller.
  • Á muller casada o seu home lle abasta, se é muller honrada.
  • A muller e a besta, que a empreste quen queira.
  • Á muller e ao souto abóndalles cun dono.
  • Nin ollo en allea carta nin man en allea barba.