fidalgo -ga

fidalgo -ga

gal medieval fillo d’algo

Plural: fidalgos Masculino: fidalgo Masculino plural: fidalgos Feminino: fidalga Feminino plural: fidalgas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos fidalgos ou á fidalguía.

  2. adx

    Que é nobre, xentil ou xeneroso. Tm s.

  3. s [HIST ]

    Persoa nobre, nos reinos de Castela e León, que tiña o dereito a ser armado cabaleiro.

  4. s [HIST ]

    Persoa que pertence a un grupo social que vivía das rendas das propiedades agrarias.

Citas

  • Foi moi fidalgo no trato con eses estranxeiros, Adoita ser un fidalgo cando está con mozas

Refráns

  • Fidalgo pobre no palleiro morreo
  • Fidalgo pobre, media de seda e caldeiro de cobre.
  • Fidalgos pobres e bestas vellas acaban coas nosas terras.