fibrose

fibrose

fibra + -ose

Plural: fibroses
  1. s f

    Proceso de formación de tecido fibroso.

    1. s [PAT ]

      Tipo de dexeneración caracterizada por un aumento ou unha neoformación anormal de tecido conxuntivo acompañada dun endurecemento.

    2. fibrose pulmonar [PAT ]

      Engrosamento fibroso da parede alveolar que impide a difusión de osíxeno e provoca a aparición dunha insuficiencia respiratoria progresiva, acompañada de dispnea, cianose e outros síntomas.

    3. fibrose quística [PAT ]

      Afección metabólica hereditaria que se transmite de forma autosómica recesiva e que se caracteriza pola anormalidade das secrecións das glándulas exócrinas.

    4. fibrose retroperitoneal [PAT ]

      Inflamación crónica do espazo retroperitoneal que engloba, sen invadilos, os uréteres, os vasos linfáticos e os vasos retroperitoneais. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Ormond.