federación

federación

lat foederatĭōne

Plural: federacións
  1. s f

    Acción de federar ou federarse.

  2. s f [POLÍT ]

    Forma de agrupación estatal baseada na unión dunha serie de estados baixo unha mesma constitución política. Esta respecta a súa autonomía en asuntos internos e establece un poder superior, o Estado federal, que estende a súa soberanía sobre todos eles e que ten reservadas todas aquelas materias que afectan á orde xeral.

  3. s f
    1. Agrupación de diversas asociacións ou organizacións noutra superior que as representa, co obxectivo de defender intereses comúns.

    2. [DEP ]

      Organización que agrupa a clubs, atletas, técnicos, árbitros e xuíces dunha mesma disciplina deportiva, que organiza as súas competicións e establece as regras, normas e bases polas que se rexen.