fauna

fauna

lat Fauna, deusa latina da fecundidade

Plural: faunas
  1. s f [ZOOL ]

    Conxunto de especies animais que habitan nun territorio determinado, en estado salvaxe e formando parte do ecosistema onde se localizan.

  2. s f [ZOOL ]

    Conxunto de todas as especies animais que habitan nunha comarca, nun país ou nun período xeolóxico concreto.

  3. s f [LIT/ZOOL ]

    Obra que presenta a descrición e a enumeración das especies animais dunha rexión ou dun período xeolóxico.

  4. s f col

    Conxunto de persoas que chaman a atención por algunha característica e por frecuentar un mesmo ambiente.

  5. fauna de Ediacara [PALEONT ]

    Grupo de organismos fósiles de hai 650 Ma, que presentan formas helicoidais ou radiais e sen esqueletos.

Citas

  • A fauna política deste país vai sempre aos mesmos sitios