farol

farol

faro

Plural: farois
  1. s m
    1. Aparato portátil que consta dunha caixa, xeralmente metálica, cunha ou dúas caras transparentes ou traslúcidas, dunha fonte luminosa que pode ser de combustión ou eléctrica, e que se emprega para iluminar.

    2. Aparato que ilumina unha vía pública e que conta cunha fonte luminosa eléctrica ou de gas, colocada nunha caixa cunha parte transparente ou cun reflector, fixada sobre un pau vertical de diversos materiais á parede dun edificio.

  2. s m
    1. Dito ou feito enganoso ou falso co que se pretende presumir ou fachandearse.

    2. [XOGO ]

      Xogada feita para desorientar ao contrario nos xogos de cartas que consiste en facer simular que se ten un bo xogo cando non é así.

  3. s m

    Marisco, especialmente boi, centola ou nécora, con moita auga e escasa comida.

Citas

  • Todo o que lle contou ás rapazas sobre el era un farol

Palabras veciñas

farnento farnesol faro farol farolear faroleiro -ra farpa