familiar

familiar

lat familiāre

Plural: familiares
  1. adx

    Relativo ou pertencente á familia.

  2. adx

    Que resulta coñecido para alguén en concreto.

  3. adx
    1. Que é natural e non resulta forzado.

    2. [LING ]

      Aplícase ao estilo, lingua ou palabra que se emprega cando existe un certo grao de intimidade ou confianza entre os interlocutores.

  4. adx

    Aplícase a algunhas cousas que teñen un tamaño máis grande ca o habitual, para que os use toda a familia.

  5. s m

    Persoa que pertence á mesma familia do suxeito en cuestión.

  6. familiar da Inquisición [HIST ]

    Servidor laico do Santo Oficio encargado de transmitir informes e de efectuar interrogatorios e investigacións.

Sinónimos

Citas

  • Comprou as galletas nun envase familiar, Teñen un coche familiar
  • Este é un lugar familiar para todos nós
  • Nas vacacións vou á casa dun familiar