falso -sa

falso -sa

lat falsu

Plural: falsos Masculino: falso Masculino plural: falsos Feminino: falsa Feminino plural: falsas
    1. adx

      Que non se corresponde coa realidade.

    2. falso testemuño [DER ]

      Delito que consiste en violar o deber de veracidade que teñen obriga de observar as testemuñas e os peritos nas súas declaracións ante os xuíces e tribunais.

  1. adx

    Que imita algo coa intención de enganar.

  2. adx
    1. Que é enganoso porque é contrario ao que é en realidade.

    2. Aplícase á cabalaría que dá couces sen que a fustriguen.

  3. adx

    Aplícase a un nome que non é propiamente o que designa senón que se semella moito.

  4. adx

    Que realiza as funcións daquilo que imita.

  5. adx

    Aplícase ao elemento que suple a falta de forza ou dimensións nunha arquitectura.

  6. s m [BIBLIOT ]

    Documento realizado de xeito intencionado que non corresponde a un acto xurídico auténtico.

  7. falsa unión [IND/ARTE ]

    Efecto óptico polo que se visualiza unha parte dun obxecto detrás doutro, dando a impresión de que están unidos.

  8. falso amigo [LING ]

    Palabras de diferentes linguas que son semellantes entre si na etimoloxía e na forma, mais non no significado.

  9. falso bordón [MÚS ]

    Procedemento de canto polifónico empregado a partir do s XIV, que consiste nunha sucesión de terceiras e sextas enmarcadas por acordes de oitavas e de quintas.

  10. falsos de chancelaría [HIST ]

    Documentos que cumpren todas as formalidades pero que se realizaron en contra da vontade do seu autor.

Citas

  • As noticias falsas logo se divulgan, O aviso de incendio era unha falsa alarma
  • Non confies nel que é moi falso
  • Non pises aí que o chan parece que está falso
  • Non te achegues á burra que é falsa
  • O eucalipto conta con falsas follas ou filodios
  • Un falso tabique separaba as dúas estancias
  • Vendéronlle un cadro falso

Frases feitas

  • En falso 1Con falsidade. Ex: Xurou en falso.

  • 2 Sen a segururidade adecuada. Ex: Constru

  • 3 De forma superficial. Ex: Curoulle a ferida en falso.