fálico -ca

fálico -ca
Plural: fálicos Masculino: fálico Masculino plural: fálicos Feminino: fálica Feminino plural: fálicas
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao falo ou ao seu culto.

  2. cultos fálicos [HIST/RELIX ]

    Conxunto de crenzas e expresións simbólicas que a través de representacións do falo, expresan dun xeito relixioso ou máxico o poder de creación da vida, a formación cósmica a partir do caos previo, concibido como a feminidade, e incluso a posible superación da morte.

  3. estadio fálico [PSIC ]

    Terceiro estadio da evolución da libido que se inicia cara aos catro anos e se pode prolongar ata o sexto ou sétimo ano de vida do neno.

Palabras veciñas

falíbel falibilidade falible fálico -ca falimento falir falisco -ca