falcón

falcón

lat tardío falcōne

Plural: falcóns
    1. s

      Ave de rapina do xénero Falco, da familia dos falcónidos, caracterizada por presentar a cabeza relativamente grande co peteiro curto e ganchudo, a cola relativamente longa, as poutas fortes e as ás agudas.

    2. falcón bérber [Falco pelegrinoides]

      Ave semellante, aínda que máis clara, ao falcón peregrino, que vive no N de África, desde as illas Canarias ata o Medio Oriente.

    3. falcón de Leonor [Falco eleonorae]

      Ave que pode presentar a plumaxe escura ou clara, que se alimenta de insectos e de pequenas aves.

    4. falcón pequeno [Falco subbuteo]

      Ave de dorso gris escuro, peito e gorxa brancas coas partes inferiores listadas de negro e os zancos vermellos que se alimenta principalmente de grandes insectos voadores e pequenas aves.

    5. falcón peregrino [Falco peregrinus]

      Ave de corpo forte e coa base das alas bastante ancha que presenta as partes superiores cinsentas azuladas e as inferiores brancas con puntos escuros.

  1. s m [BÉL ]

    Pequena peza de artillaría empregada nas naves de guerra desde o século XV.

Confrontacións

esmerillón