falanxe

falanxe

lat phalānge gr ϕ άλαγξ

Plural: falanxes
  1. s f [POLÍT ]

    Organización política de carácter autoritario e estrutura paramilitar.

  2. s f [HIST ]

    Formación de combate da infantaría grega constituída en Macedonia por Arquelao e Filipo II, que se caracterizaba pola súa dureza no ataque.

  3. s f

    Conxunto de persoas unidas nunha certa orde para acadar un determinado fin.

  4. s f
    1. Cada un dos pequenos ósos alongados que forman o esqueleto dos dedos da man ou do pé.

    2. Óso situado entre o metacarpiano, no caso da man, ou o metatarsiano, no caso do pé, e a falanxina.

  5. s f [POLÍT ]

    Unidade laboral integrada polas familias que habitan un falansterio.