fácula

fácula

lat facŭla ‘candea pequena’

Plural: fáculas
s f [ASTRON ]

Filamento brillante que se eleva sobre a fotosfera solar. A súa formación pon en evidencia o grao de actividade solar dunha maneira máis eficaz ca as manchas solares.