facción

facción

lat factĭōne

Plural: faccións
  1. s f
    1. Grupo de persoas reunidas para realizar unha acción violenta, xeralmente política.

    2. [HIST ]

      Grupos de insurxentes absolutistas durante o Trienio Constitucional (1820-1823) e cada un dos grupos carlistas durante o s XIX.

    3. [POLÍT ]

      Grupo político cunha liña propia dentro dun partido.

  2. s f pl

    Conxunto de trazos do rostro dunha persoa.

  3. s f
    1. Acción de guerra.

    2. Acto do servizo militar como a garda, a sentinela ou a patrulla.

  4. s f [HIST ]

    Cada un dos equipos que se enfrontaban nos xogos do circo, na antiga Roma, e os seus partidarios.

Citas

  • Tiña unhas facións inconfundibles

Palabras veciñas

faca facada facareño -ña facción faccioso -sa face facedor -ra