extinción

extinción

lat extinctĭōne

Plural: extincións
  1. s f

    Acción e efecto de extinguir ou extinguirse.

  2. s f [DER ]

    Cesamento dos efectos dun acto ou dunha relación xurídica, ou da posibilidade de que se produzan se aínda non comezaran a facelo.

  3. extinción de especies [ECOL ]

    Desaparición total dalgunha especie por causas naturais ou humanas.

  4. extinción interestelar [ASTRON ]

    Redución do brillo dos astros causada basicamente polo po interestelar.

  5. extinción lingüística [LING ]

    Proceso de desaparición dunha lingua, que ten lugar cando unha lingua desaparece completamente por presión doutra.