expoñente

expoñente

lat exponente

Plural: expoñentes
  1. adx

    Que expón. Tm s, referido a persoa.

  2. s m

    Persoa ou cousa representativa do máis característico dun xénero, grupo ou categoría.

  3. s m
    1. Número de veces que se multiplica por si mesma a base dunha potencia.

    2. Número ou expresión alxébrica que se pon na parte superior dereita doutro número ou expresión e que indica o número de veces que este se ten que multiplicar por si mesmo.

Sinónimos

Citas

  • M
  • Presentou reclamacións expoñentes do mal funcionamento do centro, O aumento do desemprego é un claro expoñente da crise do país
  • Xosé Queizán é un dos máximos expoñentes da literatura galega actual