explosivo -va

explosivo -va
Plural: explosivos Masculino: explosivo Masculino plural: explosivos Feminino: explosiva Feminino plural: explosivas
  1. adx

    Relativo ou pertencente á explosión ou que a implica.

  2. adx

    Que produce unha grande impresión ou chama moito a atención.

  3. s m [FÍS ]

    Substancia ou mestura de substancias capaces de producir unha explosión.

  4. adx [LING ]

    Aplícase ás consoantes oclusivas que non teñen implosión e que só constan de distensión ou explosión.

  5. potencial explosivo [FÍS ]

    Tensión mínima que provoca o salto dunha chispa entre dous electrodos ou condutores.