exogamia

exogamia

exo- + -gamia

Plural: exogamias
  1. s f [XEN ]

    Heterogamia en que as células reprodutoras dos organismos non proveñen dun tronco común nin de individuos emparentados. OBS: Tamén se denomina intercruzamento.

  2. s f [BOT ]

    Polinización con pole que procede dunha flor que non pertence ao mesmo pé.

  3. s f [ECOL ]

    Reprodución en que os individuos implicados non están estreitamente relacionados. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].