evolución

evolución
Plural: evolucións
  1. s f

    Transformación ou cambio progresivo de algo ou de alguén.

  2. s
    1. Proceso xeral de cambio nos seres vivos que ten como resultado a aparición de novas especies. A admisión da evolución como un feito baséase nunha serie de probas, como as aportadas pola paleontoloxía ou a anatomía comparada.

    2. Parte da bioloxía que estuda a evolución.

  3. s f [FILOS ]

    Teoría pola que se explican os fenómenos físicos e mentais como transformacións sucesivas dunha realidade primeira, sometida a un movemento perpetuo intrínseco.

    1. s

      Cambio gradual, en oposición á revolución.

    2. evolución social

      Proceso de cambio que supón a variación e a loita pola existencia e adaptación das distintas formas sociais.

  4. s f [BÉL ]

    Movemento ou cambio dunha formación de tropas ou de unidades navais de acordo cun plan establecido.