eventual

eventual

evento

Plural: eventuais
  1. adx
    1. Aplícase ao traballo que non é fixo.

    2. Aplícase ao traballador que non ten un emprego fixo. Tm s.

  2. adx

    Que pode suceder ou non.

  3. adx
    1. Aplícase a cada un dos dereitos ou xustificacións anexos ao exercicio dun cargo fóra da dotación fixa.

    2. Aplícase aos fondos destinados nalgunhas oficinas a gastos accidentais.

Citas

  • Ó enfermar o adestrador tocoulle ser monitora eventual dos nenos
  • Un fallo eventual no mecanismo provocaría o accidente