etnografía
etnografía
etno- + -grafía
-
s
f
[ETN ]
Ciencia que estuda e describe os costumes e as tradicións dos pobos. O seu obxecto é proporcionar á etnoloxía os datos necesarios para coñecer a cultura dun grupo humano específico.
-
etnografía da comunicación
[LING ]
Disciplina que se integra no ámbito da lingüística, aínda que mantén unha estreita relación coa antropoloxía. O seu obxecto de estudo é a interacción conversacional, centrándose na selección de linguas ou variedades portadoras dun significado social.