etimoloxía

etimoloxía

lat etymologĭa gr ἐ τυμολογία

Plural: etimoloxías
  1. s f

    Orixe dunha palabra e tamén a súa evolución ata a forma actual.

  2. s f [LING ]

    Ciencia que na lingüística moderna ten por obxecto de estudo a orixe das palabras, e tentou determinar as causas e circunstancias da súa evolución desde un punto de vista fonético, morfolóxico ou semántico.

  3. s f [LING ]

    Parte da gramática ata o s XIX, que coincide coa moderna morfoloxía.

  4. s f [LIT ]

    Recurso literario que consiste en empregar unha definición como explicación do étimo dunha palabra.

  5. etimoloxía popular/metacedeuse [LING ]

    Fenómeno lingüístico que consiste en alterar a forma dunha palabra pola semellanza fónica e semántica que presenta con outra doutra familia léxica coñecida coa que non mantén identidade de orixe.

  6. falsa etimoloxía [LING ]

    Interpretación errónea da etimoloxía dun nome, fenómeno frecuente na toponimia.

Confrontacións

timo