éter

éter

lat aether gr α ἰϴή ρ

Plural: éteres
  1. s m

    Espazo celeste.

  2. s m [FÍS ]

    Substancia fluída, invisible, de existencia hipotética, que se supoñía en repouso absoluto e que penetraba toda a materia existente e todo o espazo. A teoría do éter mantívose vixente ata o s XIX, pero foi substituída pola teoría da relatividade.

    1. s

      Substancia orgánica que se caracteriza pola presenza do grupo funcional –O–, onde un átomo de osíxeno está unido a dous radicais hidrocarbonados.

    2. éter coroa

      Éter cíclico que contén múltiples funcións éter e que ten importancia como catalizador.

    3. éter dimetílico [C 2 H 6 O]

      Gas inflamable e incoloro que se emprega como refrixerante, disolvente, axente de extracción ou medio de reacción.

    4. éter etílico/dietílico [C 4 H 10 O]

      Líquido incoloro, volátil e inflamable, que se emprega como disolvente de substancias orgánicas.