estribeira

estribeira
Plural: estribeiras
  1. s f

    Pano ou aparato que se colga do pescozo e que serve para termar dunha man ou dun brazo cando están magoados.

  2. s f [MAR ]

    Tolete fixado na proa da dorna da que se amarra a poia inferior da vela.

Sinónimos

Frases feitas

  • Na estribeira. Sostido por medio dun pano pendente do pescozo.

  • Perder as estribeiras. Perder o dominio dun mesmo actuando de xeito irreflexivo e incontrolado.

Formas incorrectas

cabestrillo

Palabras veciñas

estriato estribado -da estribar estribeira estribo estribor estricar